A Chave xógase nun campo de terra. Nunha eira pode haber varios tiros, cada tiro é un pedazo de terreno onde tirar os pesos contra a chave. A distancia de lanzamento dos pesos é de 14,20 metros, desde a liña do tirador atá a base da chave.Na liga de mulleres lanzan desde 12 metros, mais tamén poden xogar os torneos mixtos lanzando desde os 14,20. A chave, colócase sobre unha base, chamada cepo, para distinguir ben cando foi alcanzada sen rebotar. Os pesos (ou pellos) pesan entre 500 e 550 gramos. O peso ten que dar directamente sobre a chave, non é necesario tirala. Hai dúas modalidades principais de xogo: individual e por parellas. No individual normalmente fanse 10 tiradas de 4 pesos e gaña quen máis chaves atina. No de por parellas cada persoa tira dous pesos e as partidas son a 100 puntos valendo 8 puntos cada chave conseguida e un punto máis para o peso do equipo que fique máis próximo á chave, non contan os pesos que fixeron chave e no caso dun equipo ter dous pesos próximos anota os dous puntos. Mentres dúas persoas de equipo enfrentado tiran os pesos as outras dúas esperan xunto da chave para colocala no caso de ser alcanzada. Se os dous xogadores de equipos enfrentados atinan os dous pesos non se suma nada e repiten tirada. Se un xogador do equipo contrario fai Chave na mesma tirada que o contrario fixo chave tampouco conta nada. En resumo as chaves feitas na mesma tirada matan a do contrario e non suman puntos ningún. Os torneos por parellas xóganse habitualmente por eliminación. Na liga xogan 4 parellas de cada equipo e a parella gañadora leva 1 punto, por tanto os resultados van desde o 4-0 ao empate a 2. Ver na páxina Chave de Compostela
Clasificación Xogos Populares
- Adiviñas (10)
- Arrolos (3)
- Danzas (13)
- Enredos (49)
- Equilibrio (6)
- Expresión Corporal (9)
- Habilidade (10)
- Instrumentos Musicais (8)
- Paracaídas (3)
- Trabalinguas (2)
- Xogos coa buxaina (11)
- Xogos coas mans (16)
- Xogos con aros (2)
- Xogos con canción (37)
- Xogos con corda (12)
- Xogos cooperativos (5)
- Xogos de arrastrar (2)
- Xogos de auga (1)
- Xogos de bolas (9)
- Xogos de chapas ou coios (5)
- Xogos de correr (26)
- Xogos de equipo (10)
- Xogos de forza (3)
- Xogos de lanzar (30)
- Xogos de mesa (15)
- Xogos de roda (4)
- Xogos de saltar (4)
- Xogos de sortes (25)
- Xogos Diversos (11)
Ningún comentario:
Publicar un comentario