Aos poucos iremos metendo moitos máis xogos, cancións e enredos. Se queres colaborar escribe a este correo enredoscampolongo@ gmail.com

30 de novembro de 2013

Adiviñas do trompo


Non teño pes nin mans,
bailar é o meu destino,
na palma son levado,
e entreteño ós meniños.
..........
Para bailar póñenme a capa
Para bailar téñenma que sacar,
Que con capa bailar non podo
E sen capa non podo bailar.
.........
Non son home nin mozo,
Tampouco bebo viño,
Cando me poño a bailar,
Din que estou toliño.


Bailo sempre dereito,
E cando comezo a cansar
Tremo e caio quedo no chan
E non me podo levantar
............
Sen capa non podo bailar
e para bailar téñoa que levar
Con capa non bailaría
E sen capa non podo bailar
........


Ningún comentario:

Publicar un comentario