Aos poucos iremos metendo moitos máis xogos, cancións e enredos. Se queres colaborar escribe a este correo enredoscampolongo@ gmail.com

2 de outubro de 2014

O rap da macedonia


Unha macedonia imos facer 
Con froitas do outono 
Que ides  ver 
 Primeiro a castaña
 Que vén dando caña
 E unha granada Ben madurada
 A pera e o pero 
Non queren faltar
 Tampouco a laranxa 
Nin a mazá 
 O dátil e o figo
 A piña e o piñón
 ¡Soa tan doce 
Que mola mogollón!
 Próbao todo 
Non perdas pancada,
 As froitas do outono 
¡Son unha gozada!

 (Adrián Villar)

Ningún comentario:

Publicar un comentario