Aos poucos iremos metendo moitos máis xogos, cancións e enredos. Se queres colaborar - CGEDNL ou enredoscampolongo@ gmail.com

20 de outubro de 2014

Xogo de corda con canción - "Xan Perillán"




Xan Perillán
dacabalo dun can,
o can era coxo
tirouno nun pozo,
o pozo era frío
tirouno nun río,
o río era branco
tirouno nun
campo,
o campo era roxo
tirouno un toxo,
como o río picaba,
Xan Perillán
brincaba.

Ningún comentario:

Publicar un comentario