Aos poucos iremos metendo moitos máis xogos, cancións e enredos. Se queres colaborar escribe a este correo enredoscampolongo@ gmail.com

3 de febreiro de 2015

Xogos con paracaídas

1.Quenlla e socorrista
Descrición: Identifícase alguén que sexa a quenlla e outro/a que sexa socorrista (máis dun de cada un se é un grupo grande). O grupo séntase no piso cos pés estendidos debaixo do paracaídas e facendo ondas movendo a tea para arriba e abaixo (sen mirar abaixo). A quenlla esta debaixo e empeza a arrastralos a algúns cara a dentro para convertelos noutras quenllas co/ela. Eles piden axuda para que o salvavidas os axude a rescatalos. O salvavidas corre dando voltas ao paracaídas tratando de salvalos (agarrándoos dos brazos para que non se os leve por debaixo a quenlla). Segue o xogo ata que xa non quedan persoas fóra do paracaídas. Pódese repetir, posto de que sempre hai outros que queren ser quenllas ou salvavidas.
2.Encesta a pelota
Descrición: Co paracaídas paralelo ao chan, introdúcese unha pelota. Os xogadores comezan a facer ondas tratando de que a pelota se introduza polo burato central e evitando que se saia fóra do paracaídas. O noso obxectivo é introducir a pelota polo burato central, evitando que se saia do paracaídas.
3.Ondas
Descrición: Andando de dereita a esquerda movendo o paracaídas facendo ondas.
4.O barco
Descrición: Co paracaídas collido polos nenos/ás, introdúcense dúas pelota (unha dunha cor para as nenas e outra paro os nenos). Os xogadores comezan a facer ondas tratando de que a pelota se introduza polo burato central e evitando que se saia fóra do paracaídas. O noso obxectivo é introducir a pelota polo burato central, evitando que se saia do paracaídas e o primeiro que o introduza gana.
Variantes: por números, cores...
5.Mariñeiro colle a pelota
Descrición: Co paracaídas collido polos nenos/ás, introdúcese unha pelota e un neno poñerase no centro do paracaídas e intentará coller a pelota.
6. Cesta de Cores
Descrición: Os alumnos dispóñense arredor do paracaídas. Cada un deles é unha cor por esta orde: verde, vermello, azul, amarelo. O profesor dirá: "un, dous, verde" (ou calquera outra cor). Neste momento todos elevan o paracaídas e aqueles cuxa cor coincide co nomeado cambian de sitio por debaixo do paracaídas e antes de que este se desinche.
7.Néboa no alto
Descrición: Todos elevan o paracaidas e á de tres sóltase cara a arriba. deberiamos de intentar que se eleve solto en vertical.
Este exercicio esixe moita atención e concentración. Todas deben moverse con perfecta sincronía. É máis doado se estamos no interior dun ximnasio.
Probablemente non saia ben á primeira vez.
Variantes: Cando o paracaidas este no aire cambiarse rapidamente de posición.
8.A onda co paracaidas
Descrición: Estiramos da tea todas cara a atrás e unha persoa eleva o seu anaco de tea e a baixa. A continuación faino quen está ao seu lado dereito e así sucesivamente ata que a onda xerada chega ao principio de novo
9. Apertas
Descrición: Os alumnos dispóñense arredor do paracaídas. O profesor di: "un, dous, unha característica" (ter zapatillas brancas, ter o chándal azul, ser alto, gustarlles as lentellas, etc.). Nese instante todos levantan o paracaídas e aqueles que presentan a característica nomeada polo profesor van cara ao centro e alí danse unha aperta colectiva, mentres lles cobre o paracaídas. O profesor di: "un, dous, fóra" e ao tempo que se eleva o paracaídas os apertados volven ao seu sitio. O proceso repítese tantas veces como se queira.

1 comentario:

  1. Nominado por todo o que compartes na rede. Un saúdo. Rosa Pérez.
    http://francesasneves.blogspot.com.es/2015/03/premio-black-wolf-blogger-award.html

    ResponderEliminar