- • MOITAS MONXIÑAS NO SEU CONVENTO, VISITAN AS FLORES E FAN DOCE DENTRO. (AS ABELLAS)
- • CANDO VAI PRO MONTE, VAI ENGORRUMILLADA E Ó VIR VÉN ESTARRICADA (O ADIVAL DO CARRO)
- • ¿QUE COUSA SERÁ COUSA, QUE CANDO VAI PARA O MONTE VAI ENCARTADO E CANDO VEN PARA A CASA VEN ESTARRICADO? (O ADIVAL)
- • QUE COUSA SERÁ PARA ADIVIÑAR, QUE ANDA DE BURATO EN BURATO E LEVA AS TRIPAS ARRASTRO? (A AGULLA)
- • TEN DENTES E NON COME, TEN CABEZA E NON É HOME. (O ALLO)
- • UNHA ÁRBORE CON DOCE CANAS, CADA CANA CATRO NIÑOS, CADA NIÑO SETE PAXAROS, CADA PAXARO CO SEU APELIDO. (O ANO, OS MESES, AS SEMANAS E OS DÍAS)
- • NO ALTO VIVE, NO ALTO MORA, NO ALTO TECE A TECEDORA. (A ARAÑA)
- . NACE NA FONTE, TRÁENA PARA A CASA E BAILA COMO UNHA RAPAZA. (A AUGA)
- • AUGA CHÁMOME DE NOME, ARDENTE TEÑO O CORAZÓN, O QUE NON ATINE É UN GRAN BORRICÓN. (AUGARDENTE)
- • VERDE NACE, VERDE SE CRÍA, E NA CASA ONDE ENTRA NON HAI ALEGRÍA. (O ATAÚDE)
- • NACE NO MONTE, NO MONTE SE CRÍA E VAI COS VELLOS Á ROMARÍA. (O BASTÓN)
- • ÚSASE PARA COMER E NON É PRATO NIN CULLER. (A BOCA)
- • IGREXA PEQUENA, SANCRISTÁN REBULIDOR E OS SANTIÑOS QUE TEN DIANTE, TODOS SON DA MESMA COLOR. (A BOCA, A LINGUA E OS DENTES)
- • ONTE OVIÑO, HOXE CAPULLIÑO, MAÑÁ VOAREI COMO UN PAXARIÑO. (A BOLBORETA)
- • ¿DE QUE HAI QUE ENCHER UN PUCHEIRO PARA QUE PESE MENOS QUE BALEIRO? (DE BURATOS)
- • UNHA VELLA CUN SÓ DENTE, CHAMA POLA SÚA XENTE. (A CAMPÁ)
- • TEN UN DENTE E TIRA POLA XENTE. (A CAMPÁ)
- • BESTA DE FERRO, ALBARDA DE LIÑO, TIZA QUE TIZA CUN GARABULLIÑO. (O CANDIL)
- • PON COL CARA Ó REVÉS E O MEU NOME TÉS. (O CARACOL)
- • ANDA E NON TEN PÉS E FALA E NON TEN BOCA. (A CARTA)
- • VERDE NO CAMPO, NEGRO NA PRAZA E COLORADIÑO NA CASA. (O CARBÓN)
- • ENVOLTO NUN COBERTOR, QUE FAGA FRÍO OU CALOR. ( O CARNEIRO)
- • MIÑA NAI É TARTAREXA, MEU PAI É CANTADOR, TEÑO BRANCO O MEU VESTIDO E AMARELO O CORAZÓN. (O CARRO)
- • MEU CHIÓN, MEU CHIONCIÑO ¿ONDE VAS POLO CAMIÑO? (O CARRO)
- • CATRO GATOS NUN TELLADO, CADA GATO MIRA TRES, DIME AGORA RAPACIÑA, ¿CANTOS GATOS VEN HABER? (CATRO)
- • NA HORTA SON CRIADA, NA HORTA FUN NACIDA, E FAGO CHORAR A TODOS, OS QUE ME MIRAN PARTIDA (A CEBOLA)
- • CAPIÑA SOBRE CAMIÑA, CAMIÑA DE RICO PANO, SEN NON ADIVIÑAS HOXE XA ADIVIÑARÁS PARA O ANO. (A CEBOLA)
- • CAPULLO SOBRE CAPULLO, CAPULLO DO MESMO PANO, SENÓN QUE CHO DIGA EU, NON O ACERTAS NESTE ANO. (A CEBOLA)
- • LONGA DAS PÓLAS E CURTA DO PÉ, ¿QUE COUSA É? (A CERDEIRA)
- • RELOXO ACOMPASADO QUE MARCA O TEMPO DA VIDA TODOS ME TEÑEN NINGUÉN ME MIRA (CORAZÓN)
- • ¿SÁBE-LO QUE NUNCA SE PODE TOCAR COA MAN ESQUERDA? (O CÓBADO ESQUERDO)
- • ¿QUEN SON ESES AGUZADOS QUE ANDAN TAN EMPAREXADOS? (OS CORNOS DA CABRA)
- • ¿CAL É UNHA COUSIÑA COUSA, QUE CANDO VAI PARA O MONTE, VAI OLLANDO PARA A CASA, E CANDO VAI PARA A CASA VAI OLLANDO PARA O MONTE. ( OS CORNOS DA CABRA)
- • CINCO AMIGUIÑOS PARA XOGAR QUE SEMPRE VAN XUNTOS PARA SAUDAR. (DEDOS)
- • CINCO PAOCIÑOS SON E NO MEDIO ESTÁ O MAIOR. (OS DEDOS)
- • UN PEQUENIÑO DOUS IGUALIÑOS UN LONGO E FRACO E OUTRO GORDAZO (DEDOS)
- • ¿QUE COUSA É, QUE CANTO MÁIS GRANDE É MENOS SE VE. (A ESCURIDADE)
- • CEN E CEN FILLOS TEN, E TODOS CON LEITE OS MANTÉN. (A FIGUEIRA)
- • CANDO VAI PRO MONTE DÁLLE OS CORNOS A CASA; CANDO VAI PRA CASA DÁLLE OS CORNOS Ó MONTE. (A FORCADA QUE LEVA O HOME Ó LOMBO)
- • FUN A EIRA E PLANTEI UNHA ESTACA, DEIXEI A ESTACA E TROUXEN O BURATO. (FUN CAGAR)
- • ALTO COMO UN PINO E NON PESA NIN UN COMINO. (O FUME)
- • DEZ SEÑORITOS DE PAR EN PAR PASAN O RÍO SEN SE MOLLAR. (OS DEZ FUNGUEIROS DO CARRO)
- • NACE NA FRAGA E NA FRAGA SE CRÍA, POR ONDE ELA PASA, SEMPRE HAI ALEGRÍA. (A GAITA)
- • UNHA SEÑORITA MOI ENSEÑORITADA, CHEA DE REMENDOS SEN UNHA PUNTADA. (A GALIÑA)
- • ALTO ALTANEIRO, GRANDE CABALEIRO, GORRO DE LA, CAPA DOURADA, ESPORA DE ACEIRO. (O GALO)
- • FOUCE NO RABO E SERRA NA TESTA, ¿QUE COUSA É ESTA? (O GALO)
- • ¿QUE SERÁ UN BICHO BICHONGO QUE COME POLO CÚ E CAGA POLO LOMBO? (A GARLOPA)
- • ¿QUE COUSIÑA SERÁ PARA ADIVIÑAR QUE TEN ORELLAS COMA O GATO, PES COMA O GATO, RABO COMA O GATO, OLLOS COMA O GATO E GATO NON É? (A GATA)
- • PINGUILI, PINGUILI, ESTÁ PINGANDO, E MINGUILI MINGUILI ESTÁ MIRANDO, SE PINGUILI, PINGUILI CAERA, MINGUILI, MINGUILI O COMERA. (O GATO PARA OS CHOURIZOS QUE PINGAN)
- • MOITAS DAMAS NUN CORRAL, TODAS MEXAN POR IGUAL. (AS GOTEIRAS)
- • DOCE SEÑORITAS NUN BALCÓN; TODAS TEÑEN MEDIAS E ZAPATOS NON. (AS HORAS)
- • VERDE NO CAMPO, NEGRA NA CASA E COLORADIÑA NA BRASA. (A LEÑA E O LUME)
- • O LICO-LICO, NON TEN ÓSOS NIN PELICO, E A NAI DE LICO-LICO TEN ÓSOS E TAMÉN PELICO. (O LEITE)
- • SON UN PAUÍÑO MOI DEREITIÑO, E ENCIMA DA CABEZA LEVO UN GRANCIÑO. (A LETRA I)
- • TEN LOMBO E NON ANDA, TEN FOLLAS E NON É PLANTA, SABE MOITO E NON FALA. (O LIBRO)
- • CON ELA PODO COMER E FALAR CON ELA PODO RIR E CANTAR TAMÉN PODO ABRIR E PECHAR QUEN O VAI ADIVIÑAR? (A LINGUA)
- • UNHA COUSA PARA QUEN SEMPRE CHOVE E SEMPRE ESTÁ MOLLADA. (A LINGUA)
- • UNHA SEÑORITA MOI ASEÑORADA, SEMPRE ESTÁ NA CASA E SEMPRE ESTÁ MOLLADA. (A LINGUA)
- • UNHA SEÑORITA MOI ASEÑORADA, CHEA DE REMENDOS E SEN NINGUNHA PUNTADA. (A LINGUA)
- • ALTA, ALTA E REDONDA COMA UN PRATO. (A LÚA)
- • ALTO PEPINO, REDONDO MOLETE, QUE CHOVA QUE NEVE, NUNCA SE DERRETE. (A LÚA)
- • PEQUENA COMO UNHA ABELLA E ENCHE A CASA ATA A TELLA. (A LUZ)
- • PELOS POR FORA, PELOS POR DENTRO, RECACHA A PERNA E MÉTEA DENTRO. (A MEDIA OU CALCETÍN)
- • LEVO BATA BRANCA MIRO A GORXA RECEITO ASPIRINAS E DOU VITAMINAS (MÉDICO)
- • AÍNDA QUE TEÑO PATAS, NON ME PODO MOVER, LEVO ÁS COSTAS A COMIDA E NON A PODO COMER. (A MESA)
- • TEN PATAS E NON ANDA, PÓÑENLLE O XANTAR E NON XANTA, ¿QUE COUSA É? (A MESA DE COMER)
- • UNHA LONGA LONGUEIRA QUE PASOU POR ESTAS TERRAS, DÍXOLLE A UNHAS VECIÑAS: ¡DEUS NOS LIBRE DAS GALIÑAS! (A MIÑOCA)
- • NON TEN ÓSO NIN ACHA E ANDA DEBAIXO DA TERRA. (A MIÑOCA)
- • ESTUDANTE DE LETRA MIÚDA, ¿QUE ANIMAL É O QUE VOA SEN PLUMA? (O MORCEGO)
- • ANDA E NON TEN PÉS; COME, E NON TEN BOCA, E TODA A COMIDA LLE PARECE POUCA. (O MUÍÑO)
- • ANDA E NON TEN PÉS, COME E NON TEN BOCA, CANTA COMIDA LLE DAN TODA LLE PARECE POUCA. (O MUÍÑO)
- • ANDA E ANDA SEN PARAR E NON MUDA DE LUGAR. (O MUÍÑO)
- • UN CABALO BRANCO BAILANDO NO CAMPO, ENRIBA DUN PÉ E CABALO NON É. (O MUÍÑO)
- • DEZ SEÑORITOS DE PAR EN PAR, PASAN O RÍO SEN SE MOLLAR. (O MUÍÑO)
- • NACE NA HORTA E TEN O CU BRANCO. (O NABO)
- • ESTOU PENSANDO, PENSANDO; DE PENSAR VÓLVOME TOLA. COA SOGRA DA MULLER DE MEU IRMÁN, ¿QUE PARENTESCO ME TOCA? (A MIÑA NAI)
- • UNHA PERSOA, TAN BOA SERÁ, QUE NADA CHE PIDE E TODO CHO DÁ. (A NAI)
- • UNHA SABA BRANCA SEN ALGODÓN, QUE COBRE O MUNDO E O RÍO NON. (A NEVE)
- • MOITAS ESTRELIÑAS CAÍDAS DO ALTO E A MIÑA CASIÑA VÍSTESE DE BRANCO. (A NEVE)
- • UNHA UCHIÑA DE BO PARECER; NON HAI CARPINTEIRO QUE A SAIBA FACER, SÓ DEUS DO CEO CO SEU GRAN PODER. (A NOZ)
- • PELO CON PELO E O VIVO NO MEDIO. (O OLLO ENTRE AS PERFEBAS)
- • DÚAS ARQUIÑAS DE CRISTAL ABREN E PECHAN SEN RECHISTAR (OLLOS)
- • ALTOS PAZOS, LINDAS VENTÁS, ABREN E CERRAN E NINGUÉN ANDA ATRÁS. (OS OLLOS)
- • UN COIRO MOI ENGURRADO QUE A TODO LLE PON COIDADO. (A ORELLA)
- • UNHA COUSA QUE COA SÚA RISADA PERDEU A SÚA ANADA. (O OURIZO DA CASTAÑA)
- • CUCURRICO NON TEN OLLOS, NIN CU NIN BICO; E OS FILLOS DE CUCURRICO TEÑEN OLLOS CU E BICO. (O OVO)
- • PUNHA ARQUIÑA BRANCA COMO O SAL, QUE TODOS QUEREN ABRIR E NINGUÉN PECHAR. (O OVO)
- • BRANCO COMO O PAPEL E ROMPE COMO O CRISTAL, TODOS O PODEN ABRIR, NINGUÉN O PODE PECHAR. (O OVO)
- • DOUS BOIS BRANCOS NUNHA CORTE DE FERRO METIDOS. (OS OVOS NA TIXOLA)
- • CATRO CANS E CATRO PANS, PAN E MEDIO E MEDIO PAN, ¿CANTO LLE TOCA A CADA CAN? (PAN E MEDIO)
- • TERRA BRANCA, SEMENTE NEGRA, CINCO BOIS E UNHA CHAVELLA. (O PAPEL, A TINTA, OS DEDOS E A PLUMA)
- • SE SOPRA O AIRE Á CARA VEN QUEN É CALVO NON O TEN (O PELO)
- • SERVEN PARA CORRER SERVEN PARA BAILAR PARA ANDAR EN BICICLETA TÉÑOAS QUE UTILIZAR (PERNAS)
- • ¿QUE COUSA DE ADIVIÑAR É, QUE CANTO MÁIS LLE SACAN MENOS SE VE? (O POZO)
- • TRES PISPIRISPÍS E UN PISPIRISPÓN, UN METE E SACA E UN SACA E PON. (O POTE DE TRES PÉS E O CAZO)
- • CANDO VAI PRO MONTE VAI CHEO, CANDO VÉN PRA CASA VÉN BALEIRO. (O PUCHEIRO D ELEVAR O XANTAR)
- • CO RABO ENTRE AS PERNAS A MALA VECIÑA, VÉN TÓDALAS NOITES ROUBA-LA GALIÑA. (A RAPOSA)
- • POR UN CARREIRIÑO MOI MAL EMPEDRADO ANDO E NON ME MOLLO E SEMPRE VOU MOLLADO. (O RÍO)
- • DETRÁS DUN PENEDO PARIUNO SÚA NAI, CORRE POLA TERRA E CASOU NO MAR. (O RÍO)
- • DETRÁS DAQUEL COTO, HAI UN BOI XOTO, E NON ME HAI HOME NADO, NIN POR NACER, QUE NA SÚA CORTE O POIDA METER. ( O SOL)
- • ¿QUE FAI UN BURRO Ó SOL? (A SOMBRA)
- • DO TAMAÑO DUNHA CAZOLA, TEN ÁS E NON VOA. (O SOMBREIRO)
- • ¿QUE COUSA É, PARA ADIVIÑAR É QUE POLOS OLLOS COME CARNE E POLA BOCA COME TEA? (AS TESOIRAS)
- • DOUS IRMANCIÑOS VAN Ó COMPÁS, COS PÉS PARA ADIANTE E OS OLLOS PARA ATRÁS. (AS TESOIRAS)
- • PIPOTÍN, PIPOTÓN, NON TEN BOCA NIN TAPÓN. (O OVO)
- • PIPOTÓN, PIPOTIÑO, DE SÚAS CLASES TEN O VIÑO. (O OVO)
- • REDONDIÑA, REDONDELA, NON TEN PORTA NIN CANCELA. (O OVO)
- • NUNHA CASIÑA BRANCA MOI BRANQUEXADA, HAI UN PROBIÑO DENTRO FACENDO MORADA. (O PITO NO OVO)
- • DETRÁS DUN COTO, VIN UN BOI XOTO, E NON HAI HOME NIN MULLER QUE NA CORTE O POIDA METER. (O SOL)
- • ALTO, ALTO CABALEIRO, DALLE A RISA E CÁELLE O DIÑEIRO. (O OURIZO)
- • ALTO ME VEXO, NO MEU COLGAREXO, POR UNHA RISADA PERDÍN A MIÑA ANADA. (O OURIZO)
- • ALTO ESTOU, COLOR DE OURO TEÑO, POR UNHA RISADA PERDO TODO CANTO TEÑO. (O OURIZO)
- • LONGO COMA UN CAMIÑO E TORTO COMA UN FOUCIÑO. (O RÍO)
- • UNHA LONGA LONGARELA, TEN DENTES COMA UNHA SERRA. ( A SILVA)
- • ALTO SON, BARBAS TEÑO, VEN O BURRO E NON ME DEFENDO. (O TOXO)
- • NIN É FRADE, NIN É CREGO, E SEMPRE VISTE DE NEGRO. (A TOUPA)
- • CUCURICO NON TEN OLLOS, CU NIN BICO, E OS FILLOS DE CUCURICO TEÑEN OLLOS, CU E BICO. (O OVO E O PITIÑO)
- • UNHA VELLIÑA ENGORRUMILLADA CUN TRANCO NO CU E SEN UNHA PUNTADA. (A UVA PASA, CO SEU RABO)
- • CATRO CORREMONTES, CATRO CICHAFONTES, UN DÁLLE - DÁLLE E DOUS TUS-TUS-TUS. (A VACA)
- • CATRO ANDANTES, CATRO MAMANTES, UN TORNAMOSCAS E DOUS APUNTANTES. (A VACA)
- • QUE É UNHA COUSIÑA, COUSA: DOUS DEREITIÑOS, UN DALLE-DALLE, CATRO MEXAFONTES E UN REGA-MONTES. (A VACA: OS CORNOS, O RABO, OS TETOS E O MEXADOIRO)
- • SAIO DA SALA E VOU A COCIÑA, MOVENDO O RABO COMO UNHA GALIÑA. (A VASOIRA)
- • ¿CAL É A COUSA QUE ANDA E NON SE VE? (O VENTO)
- • REDONDO COMA UN ROSCÓN E A EL OBEDECE TODO O CAMIÓN. (O VOLANTE)
- • ENTRE CANCELA E CANCELA, UNHA XATIÑA AMARELA. (A XEMA DO OVO)
Clasificación Xogos Populares
- Adiviñas (11)
- Arrolos (3)
- Danzas (13)
- Enredos (52)
- Equilibrio (6)
- Expresión Corporal (9)
- Habilidade (10)
- Instrumentos Musicais (9)
- Paracaídas (3)
- Refraneiro (1)
- Trabalinguas (2)
- Xogos coa buxaina (11)
- Xogos coas mans (16)
- Xogos con aros (2)
- Xogos con canción (37)
- Xogos con corda (12)
- Xogos cooperativos (5)
- Xogos de arrastrar (2)
- Xogos de auga (1)
- Xogos de bolas (9)
- Xogos de chapas ou coios (5)
- Xogos de correr (26)
- Xogos de equipo (11)
- Xogos de forza (3)
- Xogos de lanzar (30)
- Xogos de mesa (15)
- Xogos de roda (4)
- Xogos de saltar (4)
- Xogos de sortes (25)
- Xogos Diversos (11)
29 de setembro de 2024
Adiviñas por orde alfabético
Subscribirse a:
Publicar comentarios (Atom)
Ningún comentario:
Publicar un comentario