25 de setembro de 2023

Faime un sitio ou Sardiñas en Lata

Este xogo, tamén chamado sardiñas en lata, debe ser realizado en zona ampla onde haxa moitos e bos lugares onde se agochar. É moi bon para ser xogado ao luscofusco. Rífase entre todos os participantes, e das resultas das sortes sae o pandote. Este ten que agocharse e mentres se agocha, todos os máis forman unha roda cos ollos cerrados, sen os abrir en ningún momento. Contan ata vinte, trinta ou a cantidade acordada, todos a unha voz. Ao remataren, espállanse na procura individual da persoa agochada. Cando alguén dá con ela non debe descubrila nin dicirllo a ninguén, senón que co maior sixilo debe agocharase canda ela. Así continúa o xogo, quen descubra alguén agóchase no mesmo lugar, no que mesmo se poden chegar a ocultar vaias persoas durante o desenvolvemento do xogo.  Así se fará até que só quede unha persoa sen dar con ningún dos agochados, que será quen se agoche de primeiro no seguinte xogo.

Ningún comentario:

Publicar un comentario