19 de novembro de 2026

NIM

 

O Nim é un clásico xogo matemático de estratexia combinatoria para dous xogadores.

Regras básicas

• Elementos: Utilízanse obxectos pequenos, como cerillas, moedas, pedras ou calquera outro obxecto que faga de ficha, colocados en varias filas.
• Quen xoga: Os xogadores móvense por quendas alternas.
• Movemento: Nunha quenda, un xogador debe recoller dunha soa fila e retirar dela calquera cantidade de obxectos (mínimo unha ficha).
• Obxectivo: O xogador que retira a última ficha perde ou gaña segundo se acorde.

18 de novembro de 2026

Os ceros

 Debúxanse ceros ou círculos máis ou menos simétricos pequenos nunha folla de papel, preferentemente cuadriculado, tantos como queiramos, todo dependerá do tempo do que se dispoña. Por quendas, cada un une dous ceros cunha liña ; cando ó trazar a liña pechas o cadrado, gañas unha casa ou cadrado e pos unha marca, pode ser a inicial do xogador que pechou o cadrado, e logo volves a unir dous ceros. Cando o xogo vai avanzando é máis doado pechar varios cadrados nunha mesma xogada. Para diferenzar as marcas pódense utilízar cores diferentes, por exemplo o azul e o vermello, que son os máis comúns. Gaña o que teña máis cadrados pechados coa súa inicial.

Sacado de  Xogos tradicionais de María Montaña

13 de novembro de 2026

Como facer un bailarete ou perinola con lanzador

Ver máis en "Dous pequenos retos" en CREAGAL . Tamén "Como facer un bailarete", na Opción A: Un xoguete paso a paso.

Pensatermos

Pensatermos 2.0, o clásico reto diario de vocabulario que se basea nun rosco para tratar de atopar todas as palabras do dicionario que sexas capaz, que xa conta cunha ampla comunidade de xogadores

8 de novembro de 2026

Significado de refráns

Sinxelo xogo de escoller a resposta correcta do significado do refrán

Traballar con estes refráns con actividades H5P (Escoller a opción correcta)