Outros nomes dependendo da zona: bilarda, bigarda, billa, caño, cepo, lipe,choqueiro,irá,leirán, palán, pinche ou rebola. - O xogo consiste en tratar de chegar coa billarda ata o varal no menor número de golpes e antes co teu contrincante. Para elo os palanadores sitúanse na zona de saque e dende alí en orden alternativa cada un fai o seu lanzamento. Máis: - Patrimonio Lúdico Galego - Ficha de Brinquedia - Vídeo neno só golpeando - Medidas - Regulamento da Federación Galega de Billarda - Regulamento LNB Conferencia Sur.
|
Clasificación Xogos Populares
- Adiviñas (12)
- Arrolos (3)
- Danzas (15)
- Enredos (65)
- Equilibrio (6)
- Expresión Corporal (10)
- Habilidade (10)
- Instrumentos Musicais (10)
- Paracaídas (3)
- Refraneiro (3)
- Teatro (8)
- Trabalinguas (2)
- Xogos Diversos (12)
- Xogos coa buxaina (13)
- Xogos coas mans (16)
- Xogos con aros (2)
- Xogos con canción (40)
- Xogos con corda (12)
- Xogos cooperativos (5)
- Xogos de arrastrar (2)
- Xogos de auga (2)
- Xogos de bolas (9)
- Xogos de chapas ou coios (5)
- Xogos de correr (26)
- Xogos de equipo (11)
- Xogos de forza (6)
- Xogos de lanzar (35)
- Xogos de mesa (15)
- Xogos de roda (4)
- Xogos de saltar (4)
- Xogos de sortes (26)
- Xoguetes naturais (7)
28 de setembro de 2026
BILLARDA / ESTORNELA
22 de setembro de 2026
Bolos celtas no Concello de Soutomaior

Cada bolo derrubado serve para sumar un punto, se queda dentro da zona delimitada por unha elíptica marcada a 13 metros. Se o bolo sae despedido máis alá da liña, pasaría de valer un punto a valer dez.
O sistema de competición dos bolos celtas é eliminatorio. Dous xogadores mídense nunha partida. Cada un deles dispón de dez boladas (así se chama á quenda de tiro). A suma total das dez boladas compárase e o que acade máis puntos avanza de rolda. O outro terá que conformarse con ver o resto tomando un refresco. Ver vídeo - Ver máis sobre bolos celtas.
25 de xuño de 2026
5 de marzo de 2026
Capar o río
8 de novembro de 2025
Trompa
19 de febreiro de 2025
Xogo da ola - No Domingo Oleiro do Entroido (As Eiroas)
8 de setembro de 2024
2 de setembro de 2024
21 de agosto de 2024
20 de agosto de 2024
19 de agosto de 2024
Birlos ou Bolos Celtas - Modalidade "Birlos ao canteiro"
• Modalidade de Birlos ou de Bolos celtas.
Pódese xogar en parellas ou en equipos.
• As partidas son a 60 puntos.
• No terreo de xogo haberá unha zona de lanzamento (fito), unha pedra para colocar los birlos (lastra) e dúas liñas, unha a 10 m e outra a 15 m da lastra.
• Para comezar, un xogador colócase no fito, tendo un pé fixo no mesmo e a bóla nunha man.
No momento de lanzar non se pode mover o pé do fito.
• Para lanzar respéctanse as quendas acordadas.
• O obxectivo é derrubar os birlos e guindalos o máis lonxe posible.
• Para puntuar, a bóla debe pasar a liña de 10 m
• Puntúase do seguinte xeito: - 3 puntos cada birlo que non chegue á liña de 10 m - 10 puntos o birlo que quede entre a de 10 m e a de 15 m - 15 puntos o birlo que pase a liña de 15 m •
Despois do tiro, unha vez que todos lanzaron, faise o "birle", que é un lanzamento rodando a bóla desde a liña de 10 m cara á lastra onde están os birlos.
• Os birlos que se derruben no birle valen 3 puntos cada un.
• Cando no lanzamento un xogador non pasa a bóla da liña de 10 m, o equipo perde a man, sendo o equipo contrario quen pasará a lanzar de primero na seguinte quenda.
• O lanzamento da bóla pode ser "à pedrada" (de arriba cara abaixo) ou "á rebolada" (lateralmente, en paralelo do chan, a xeito de gancho).
18 de agosto de 2024
8 de agosto de 2024
Xogo dos mercholos
Colección Xogos do Grove. Ver ficha - Ver vídeo
Xogo dos martelos
Colección de Xogos do Grove. Ver ficha - Ver vídeo
Xogo das pontes con bóla
Cada participante dispón de cinco bólas de madeira, que ten que facer rodar polo chan para que entren polos buratos da ponte. Os lanzamentos fanse dende a liña marcada no chan. A puntuación acadada é a suma dos arcos nos que entren, totalmente, as bólas. As partidas pódense xogar a unha puntuación previamente acordada ou a un número determinado de lanzamentos.
Xogo das esquinas
7 de agosto de 2024
Xogo dos parrulos
Xogo dos guás
Hai que facer rodar cinco bolas de madeira polo lateral esquerdo do taboleiro, na procura de que entren en calquera dos sete guás numerados. A puntuación acadada é a suma das bolas que rematan metidas nos guás. As partidas xóganse a un número determinado de lanzamentos acordado previamente. Pódese xogar de xeito individual, por parellas ou por equipos. Da colección Xogos do Grove


. 









