A esencia dos bolos celtas é o lanzamento dunha bola que debe derrubar os bolos e envialos o máis lonxe posible. Nos bolos celtas á cova, modalidade xogada en Soutomaior e arredores, o xogador, situado nun foso afundido uns 85 centímetros por debaixo da pedra de tiro, executa o lanzamento da bola de madeira a unha distancia de 5,30 metros de onde están os bolos.
Cada bolo derrubado serve para sumar un punto, se queda dentro da zona delimitada por unha elíptica marcada a 13 metros. Se o bolo sae despedido máis alá da liña, pasaría de valer un punto a valer dez.
O sistema de competición dos bolos celtas é eliminatorio. Dous xogadores mídense nunha partida. Cada un deles dispón de dez boladas (así se chama á quenda de tiro). A suma total das dez boladas compárase e o que acade máis puntos avanza de rolda. O outro terá que conformarse con ver o resto tomando un refresco. Ver vídeo - Ver máis sobre bolos celtas.

Ningún comentario:
Publicar un comentario