Amosando publicacións coa etiqueta Xogos do Grove. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Xogos do Grove. Amosar todas as publicacións

9 de outubro de 2026

Xogos do Grove


  1.  Amador - Anduriña  -   Apalpador- Atina co buraco   - Bagatela  
  2.  Barrapochas -  Barreño de peixes  -  Baticasos  - Bicicleta de Madeira  
  3.  Biluricos  -  Billar xaponés  -  Bólas rápidas  -  Boteiro Viana de do bolo  
  4.  Boteiro de Vilariño de Conso  - Brañas  - Buxa  -  Caixa de ovos 
  5.  Caldeiros  -  Calderillas  -  Canangas  -  Candelabro  -  Carrabouxos  
  6.  Carraxes  -  Casildos  -  Casolas  -  Chapeliños  -  Chascos  
  7.  Cigarrón de Verín  -  Cincuenta anos aló  -  Circuíto eléctrico  -  Coxainos  
  8.  Cróquet  -   Cubo de rubik  -  Cubo rubik 2x2  -  Cubo rubik 2x2x3  -  Cubo rubik 2x3x3  
  9.  Cubo rubik 4x4  -  Cubo rubik 5x5  -  Cubo rubik branco e negro  -  Cuchinos  -  Cunca  
  10.  Currunxo  -  Curvas  -  Cuspillas  -  Discos a meta  -  Disco fóra  -   Elefante  -  Encaixabolas  
  11.  Esquinas  -  Esquís de parellas  -  Farrucos  -  Faro -  Felo de Maceda  -  Floreano 
  12.  Fochancas  -  Fortes  -  Frechas  -  Froiteiro  - Galaxia  - Ghabinos -  Ghagha  -  Ghardeses  
  13.  Guás -  Guillermo Tell -  Hélice  -  Holanda  -  Laberinto de tres bólas  -  Laberinto de Mila  
  14. Lanzamento de frechas  -  Laberinto de Mozambigue  -  Laberinto de Rosita -  Lireños  
  15. Loritos  -  Macanas  -  Mancos  -  Masidáns  -  Mandala  - María a do combatiente  -  Martelos 
  16. Mascatos  -  Mercholos - Monchiña  -  Morteiros  -  Mourón das abellas  -  Mourón das xoaniñas 
  17.  Mourón do triángulo  -  Mouron dos animais  -  Mouron dos monos  -  Mourón dos parrulos  
  18. Mourón dos piratas  -  Muxía  - Nano  -   Olláparo  -  Ovos  -  Pallas  -  Paneiros  
  19.  Pantalla de Xinzo de Limia  -   Parrulos  -  Pasmóns  -  Patrulla canina  -  Peliqueiro de Laza 
  20. Pellos  - Pescanapedra -  Pescar botellas  -  Pendentes   -  Pinichos  -  Pinocho  -  Pintintolos  
  21.  Pirindolas  -  Pontes con bóla  -   Pontiñas  -  Rá dos pobres  -  Remo con estrobos  -  República 
  22. Roxitos  -  Sorriso  -  Quebracabezas ABC  -   Quebracabezas da argola amarrada  
  23.  Quebracabezas da cruz e o rizón -    Quebracabezas da serpe da estrela  
  24.  Quebracabezas das chaves  -  Quebracabezas do alquimista -   Quebracabezas do cadeado  
  25.  Quebracabezas do G invertido  -  Quebracabezas dos cornos  -  Quebracabezas dos fodoniñas  
  26.  Quebracabezas dos fusiños  -  Quebracabezas dos larapetas  -  Quebracabezas dos rufanos 
  27.  Quebracabezas dos siroleiros  -  Quebracabezas dos vilachos  -  Quebracabezas dos xons  
  28.  Quebracabezas enigma  -  Quiricos  -  Tarilonte  / Tarteiras  - Tarughos -  Tirar o bolo  - Torenos 
  29.  Torre de tacos  -   Torres  -  Ver, oir e calar  -  Viaxe á lúa  -  Xente ao coito   -    Xeveiros  
  30.  Zancos  - Zancos con corda  -   Zoca  -  Zoca horizontal  

Ver todos xuntos   - Ver algúns en PDF


8 de agosto de 2024

Xogo dos mercholos

 Compiten dous xogadores que dispoñen de cadansúa argola colgada dunha corda Hai un marcador que ten cinco posicións e a partida comeza co barril no medio del. O obxectivo do xogo é que as argolas queden enganchadas nos ganchos que hai no mastro do taboleiro. Os lanzamentos, rápidos e continuados, fanse separándose do taboleiro e cada vez que a argola queda enganchada avánzase unha posición no marcador, o que supón un retroceso para o contrario. Gaña quen chega antes ao final do marcador.

Colección Xogos do Grove.  Ver ficha - Ver vídeo

Xogo dos martelos

Dous xogadores  cun martelo de madeira cada un, compiten cunha bóla de aceiro. O obxectivo do xogo é defender o campo propio co martelo e empuxar a bóla con el cara a porteria contraria. Non se pode pasar co martelo cara o campo contrario, e gaña a partida quen chega primeiro aos cinco goles. Antes de comézar unha partida hai que botar a sortes quen inicia o xogo. Despois de cada gol inicia o lanzamento o que encaixou o gol.

Xogo das pontes con bóla

 Cada participante dispón de cinco bólas de madeira, que ten que facer rodar polo chan para que entren polos buratos da ponte. Os lanzamentos fanse dende a liña marcada no chan. A puntuación acadada é a suma dos arcos nos que entren, totalmente, as bólas. As partidas pódense xogar a unha puntuación previamente acordada ou a un número determinado de lanzamentos. 

Colección de Xogos do Grove. Ver ficha - Ver vídeo

Xogo das pendentes

O obxectivo do xogo é mover a bóla de madeira dun lado ao outro pola zona central do taboleiro. A bóla hai que colocala nun rebaixe que hai nun estremo do pau, e colocando o pau enriba hai que facer que se deslice polo taboleiro, subindo e baixando as pendentes, ata chegar á plataforma final.  
Colección Xogos do Grove.  Ver ficha  - Ver vídeo

Xogo das esquinas

Deslizanse cinco discos sobre o taboleiro, para que reboten nas gomas e queden na zona numerada. A puntuación acadada é a suma dos discos que quedan parados entre dúas raias. No caso de quedar sobre unha raia súmase a puntuación na que está a maior parte do disco. Xógase a unha puntuación previamente acordada ou a un número determinado de lanzamentos. Xógase de xeito individual, por parellas ou por equipos bólas. Colección Xogos do Grove. Ver ficha - Ver vídeo

7 de agosto de 2024

Xogo dos parrulos

 Os xogador/es teñen unha pistola de auga para poder derrubar, o antes posible, os seis parruliños de goma que hai sobre a táboa. Xógase dende a marca feita no chan, que non se pode pisar. Pódese xogar individualmente, por parellas ...
Colección Xogos do Grove. Ver Ficha  - Ver vídeo


Xogo dos guás

 Hai que facer rodar cinco bolas de madeira polo lateral esquerdo do taboleiro, na procura de que entren en calquera dos sete guás numerados. A puntuación acadada é a suma das bolas que rematan metidas nos guás. As partidas xóganse a un número determinado de lanzamentos acordado previamente. Pódese xogar de xeito individual, por parellas ou por equipos. Da colección Xogos do Grove

 Ver vídeo

6 de agosto de 2024

Xogo das pallas

 Dous xogadores que dispoñen de cadansúa palla. O obxectivo do xogo é meter a bóla na portería do xogador contrario soprando coas pallas. A bóla non se pode tocar coa palla, posto que de facelo intencionadamente anotaríase un tanto o xogador contrario. Cada vez que se mete un gol hai que poñer a bóla na liña central do taboleiro. Gaña a partida o xogador que consegue meter antes cinco tantos.

 Da colección Xogos do Grove -   Ver vídeo

Laberinto 3 bolas

 Os participantes teñen que coller o labirinto de madeira nas mans e colocar as tres bólas de aceiro ou cristal  no canal exterior do mesmo. Obxectivo: conseguir meter as tres bólas no círculo central do labirinto. Hai que mover o taboleiro a modo para que as bólas se deslicen ata o centro.  Da colección Xogos do Grove. Ver vídeo

Lanzamento de frechas

Hai lanzar cinco frechas de madeira dende unha marca feita calquera esta non se pode pisar. O obxectivo do xogo é que as frechas rematen dentro do floreiro. A puntuación acadada é a suma das frechas que rematan dentro del. As partidas adoitan xogarse a unha puntuación previamente acordada ou a un número determinado de lanzamentos.
 Da colección Xogos do Grove  Ver vídeo

Discos fóra / Atina co Buraco

 Da colección Xogos do Grove

  Ver vídeo