Amosando publicacións coa etiqueta Xogos Populares. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Xogos Populares. Amosar todas as publicacións

28 de setembro de 2026

BILLARDA / ESTORNELA


  Ver vídeo 

Outros nomes dependendo da zona: bilarda, bigarda, billa, caño, cepo, lipe,choqueiro,irá,leirán, palán, pinche ou rebola.

- O xogo consiste en tratar de chegar coa billarda ata o varal no menor número de golpes e antes co teu contrincante. Para elo os palanadores sitúanse na zona de saque e dende alí en orden alternativa cada un fai o seu lanzamento.
- En cada quenda,  cada xogador so ten unha opción de golpe válida, e decir: sempre que toque a billarda co palán, aínda que esta non se levante, considérase opción de tiro e a quenda pasa ó seguinte palanador.
- A billarda nunca se pode golpear dende que toque no chan despois de ser levantada, pero mentres que non o toque pode ser golpeada no ar, unha dúas ou as veces que a habilidade do palanador llo permita. 
- Cando un xogador consigue introducir a billarda no varal de un so golpe, chámase  "varado" e termina a súa participación nesa carreira, neste caso ó seu contrario tería que facer a mesma xogada para empatar, se non o consigue, a partida xa ten gañador.
- Se no primeiro lanzamento non se consegue varado, o palanador fai o seguinte lanzamento dende o lugar no que se detén a billarda.
- Está prohibido mover, parar ou desviar a billarda intencionadamente mentres está en movemento, pero antes do lanzamento, permítese colocar a billarda ou xirala sobre o seu eixo, pero non desprazala. - Se un lanzamento toca no terrero de xogo e sae fóra polo lateral da pista ó seguinte faise dende o punto da liña por onde a billarda saíu fóra,  o que chamamos "saque de banda", pero si a billarda sae polo lateral directamente sin tocar no chan, vólvese ó sitio de donde lanzamos.
- Se o lanzamento sae pola liña de fondo, toque ou non na pista antes de saír, vólvese o sitio de donde lanzamos. 
- Para que unha billarda se considere fora, debe traspasar completamente a liña de marca do terreno de xogo. O mesmo ocurre no varal, a billarda ten que cruzar completamente a liña para que sea tanto válido.
- Xogando en parellas, gaña a partida (a que chamamos carreira) aquel xogador que consegue meter a billarda no varal antes ca o seu contrincante, pero sempre co mesmo número de lances feitos por cada xogador.  Se ámbolos dous embocan no mismo número de golpes, prodúcese un empate.
- Xogase a unha, dúas, tres ou mais carreiras e para a puntuación final súmanse os puntos acadados por cada palanador en cada carreira.

Máis: -  Patrimonio Lúdico Galego - Ficha de Brinquedia - Vídeo neno só golpeando - Medidas - Regulamento da Federación Galega de Billarda - Regulamento LNB Conferencia Sur.

 


19 de agosto de 2024

Birlos ou Bolos Celtas - Modalidade "Birlos ao canteiro"

 • Modalidade de Birlos ou de Bolos celtas.

Pódese xogar en parellas ou en equipos.
• As partidas son a 60 puntos.
• No terreo de xogo haberá unha zona de lanzamento (fito), unha pedra para colocar los birlos (lastra) e dúas liñas, unha a 10 m e outra a 15 m da lastra.
• Para comezar, un xogador colócase no fito, tendo un pé fixo no mesmo e a bóla nunha man.
 No momento de lanzar non se pode mover o pé do fito.
• Para lanzar respéctanse as quendas acordadas.
• O obxectivo é derrubar os birlos e guindalos o máis lonxe posible.
• Para puntuar, a bóla debe pasar a liña de 10 m
 • Puntúase do seguinte xeito: - 3 puntos cada birlo que non chegue á liña de 10 m - 10 puntos o birlo que quede entre a de 10 m e a de 15 m - 15 puntos o birlo que pase a liña de 15 m •
 Despois do tiro, unha vez que todos lanzaron, faise o "birle", que é un lanzamento rodando a bóla desde a liña de 10 m cara á lastra onde están os birlos.
• Os birlos que se derruben no birle valen 3 puntos cada un.
• Cando no lanzamento un xogador non pasa a bóla da liña de 10 m, o equipo perde a man, sendo o equipo contrario quen pasará a lanzar de primero na seguinte quenda.
• O lanzamento da bóla pode ser "à pedrada" (de arriba cara abaixo) ou "á rebolada" (lateralmente, en paralelo do chan, a xeito de gancho).

9 de agosto de 2024

Circuíto 50 Anos, 50 Xogos

No CEP Campolongo, en Pontevedra,  celebrouse durante o curso 2022-23 un circuíto de 50 xogos como unha das actividades do 50º Aniversario (1973-2023).

Podes ver os xogos coa súa ligazón neste PDF

Os xogos tamén se atopan no blog de E. Física do colexio.

7 de xaneiro de 2023

Programa na TVG sobre a Asociación Galega do Xogo Tradicional

En Galicia, o xogo creou un rico patrimonio cultural, con capacidade para definir a forma de manifestarse dun pobo. A Asociación Galega do Xogo Popular e Tradicional naceu para estudar, poñer en valor e conservar os xogos propios desta terra. Clica na imaxe para ver un pequeno programa da TVG  sobre esta asociación. Artigo relacionado

 


26 de setembro de 2019

Xogos tradicionais en Oia

Xogos que podes ver no vídeo: O Aro, A Bomba, O bote, O Brilé, A Cadea, As Bólas, Carreira de Sacos, As Chapas, A Corda, O escondite,  O Escondite Inglés, A Estornela, A Goma, A Mariola, O Pano, Pés Quietos, Petanca, Peóns, Zancos, A Zapatilla por detrás.

3 de abril de 2016

Traballo de Xogos Populares

Traballo explicando algúns xogos: peón, vítima, bolos, xogo do balón, pelete, aro, boliche, quentamáns, galiña cega, volante, xogo dos ósos, catro esquinas, correrrúas e tirachinas.

28 de novembro de 2014

Traballos de Xogos Populares Curso 2014-15 CEP Campolongo

Clica na imaxe para ver traballos sobre xogos populares en cartolina do CEP Campolongo, durante o curso 2014-15

30 de setembro de 2014

Xogos para circuitos - VIII Encontros Escolares de Xogos Tradicionais de Xermade

VIII Encontro Escolar de Xogos Tradicionais de Xermade.

 No vídeo pódese ver un montón de xogos: 

 pano, corda, sacos, carrilanas, bolas, pelouros, brilé, tirasoga, porca, ra, tres pés, aros, sete 1/2, chapas, salta do pandote, pase misí, pescador, tiracrois, bolos, chave, apañacastañas (piñas), lanzacestos, billarda ...