"Trátase dunha variante do xogo con peóns que ten a particularidade de que se practica cun peón grande autoconstruído (a trompa). A un cilindro de madeira duns 12-14 cm de altura e de 7-8 cm de diámetro, agúzaselle unha das puntas. No extremo aguzado crávase unha tachola ou unha punta cónica, da cal debe sobresaír a cabeza. Precísase tamén unha xostra (a zorrega ou látego), construída cun pau redondo a xeito de mango, duns 15 cm de lonxitude. Nun extremo fáiselle un entalle ou rebaixe, no que se cravan cinco ou seis tiras de lona ou coiro, duns 30 cm de longo por 1 cm de ancho.Para poñer en práctica o xogo débeselle imprimir á trompa un pequeno movemento de xiro coa man para que comece a bailar e, a continuación, darlle habelenciosamente sucesivas xostradas tratando de manter un movemento de rotación e outro de translación, simultáneo.A competición consiste en tratar de acadar coa trompa unha liña prefixada. De o conseguir, o xogador/a en cuestión, gaña. De non facelo, a vez pasa ao seguinte. Debe facerse notar que o máis frecuente é que a trompa siga unha liña crebada, e que incluso trace círculos. E tamén frecuentes, claro, que a trompa deixe de bailar antes de acadar o obxectivo." Fonde de orixe: Xogos Tradicionais Galegos. VER VIDEO . Ver máis en Brinquedia
Clasificación Xogos Populares
- Adiviñas (12)
- Arrolos (3)
- Danzas (15)
- Enredos (65)
- Equilibrio (6)
- Expresión Corporal (10)
- Habilidade (10)
- Instrumentos Musicais (10)
- Paracaídas (3)
- Refraneiro (1)
- Teatro (8)
- Trabalinguas (2)
- Xogos Diversos (12)
- Xogos coa buxaina (13)
- Xogos coas mans (16)
- Xogos con aros (2)
- Xogos con canción (40)
- Xogos con corda (12)
- Xogos cooperativos (5)
- Xogos de arrastrar (2)
- Xogos de auga (1)
- Xogos de bolas (9)
- Xogos de chapas ou coios (5)
- Xogos de correr (26)
- Xogos de equipo (11)
- Xogos de forza (5)
- Xogos de lanzar (32)
- Xogos de mesa (15)
- Xogos de roda (4)
- Xogos de saltar (4)
- Xogos de sortes (26)
- Xoguetes naturais (7)
.
Ningún comentario:
Publicar un comentario