Publicado o libro de investigación promovido polo Observatorio do Patrimonio Lúdico Galego. O día 11 de novembro, coincidindo coa festa da San Martiño, saíu do prelo a obra colectiva Patrimonio lúdico galego. Investigación, recursos e divulgación dos xogos tradicionais. Considerado xa un fito na historia da investigación do noso patrimonio lúdico, o libro foi escrito por un total de 42 especialistas, e está editado pola Universidade de Santiago e pola Secretaría Xeral da Lingua. A obra recolle un total de 37 estudos e experiencias (acceso ao índice) desde os máis variados campos, agrupados en catro bloques diferentes.
Os 300 exemplares que foron impresos poden adquirirse no sitio web do Servizo de Publicacións da Universidade de Santiago. A obra coñecerá a súa versión en aberto dentro dun tempo. Están programadas xa diferentes presentacións do libro, que aspira a marcar un antes e un despois na historia lúdica de Galicia, ao longo de toda a xeografía galega. Serán anunciadas puntualmente.

Ningún comentario:
Publicar un comentario