Aos poucos iremos metendo moitos máis xogos, cancións e enredos. Se queres colaborar escribe a este correo enredoscampolongo@ gmail.com

26 de setembro de 2019

A bomba


Todos en círculo menos un que queda no medio . Os do círculo pásanse unha pelota. Mentres, o do medio vai contando ata 10 e saca un brazo; 20, e saca o outro;  e 30,  di bomba .

Quen teña o balón nas mans apanda tendo que sentarse coas pernas estiradas e o xogador que estea ao seu lado ten que saltar por encima del para poder pasar a pelota ... así todos ata que quede un, que é o que se coloca no medio. E volver empezar.

Ningún comentario:

Publicar un comentario