26 de setembro de 2019

O bote


O grupo ponse nunha zona determina, por exemplo nun círculo o na área dunha portería. Cóllese un bote de refresco baleiro ou unha botella de plástico ou de zume baleira e ponse nun circulo preto do grupo. Bótase a sorteo a ver quen apanda.

Ao que lle toque tense que poñer de costas ao bote. Outro neno distinto ten que dar unha patada ao bote. O que apanda ten que ir a por o bote e collelo e poñelo de novo no círculo e gritar BOTE! nese momento. Entre que vai coller o bote e vólveo a colocar no seu sitio os demais teñen que correr a esconderse. A partir de aí o que apanda terá que ir buscar ao resto do grupo. Se ve a algún deles volverá correndo ao círculo e meterá o pé dentro e gritará: BOTE, BOTE por Carlos! ou calquera que sexa o nome do xogador. E así neste caso Carlos terá que saír do seu agocho e meterse no círculo de xiz. O “cazado” aínda non o ten todo perdido porque calquera dos seus compañeiros escondidos pode vir salvarlle dándolle unha patada ao bote. Se alguén o consegue o xogador ou xogadores atrapados serán inmediatamente liberados e poderán esconderse outra vez.

O que apanda terá que descubrir a todos para que se acabe o xogo.

Ningún comentario:

Publicar un comentario