28 de xuño de 2026

Birlos ou Bolos celtas (Historia)

 A Xunta declara Ben de Interese Cultural o Xogo dos Birlos de Galicia, na categoría de patrimonio inmaterial, en recoñecemento ao seu papel coma un dos xogos populares e tradicionais máis importantes da historia de Galicia (DOGA Nº 79 -Mércores, 29 de abril de 2026).

1. Historia

- Os xogos de birlos teñen un afastado percorrido histórico que pode iniciarse nos tiros de pedra que facía o home dende a prehistoria. 
- O nome patrimonial  do xogo dos bolos é o de birlos.
- Queda  a pegada da palabra orixinal só no nome dunha das xogadas deste deporte.
- Existen referencias dos birlos, entre outros sitios, na Antiga Grecia, Malaisia, Turquía, Exipto, Roma, na América precolombina  e na Idade Media.  Investigadores  comentan que a tradición localiza as súas orixes nos ámbitos místicos ou relixiosos, onde se utilizaban os birlos como símbolos do "derribo do mal".
- Estivo prohibido. No ano 1581, unha Real Orde cita o seguinte: “mandou a súa mercé que de aquí en diante non bailen, nin xoguen aos birlos dentro do recinto do cemiterio da Igrexa, so pena de excomuñón e de dous reais de pena cada vez. Así mesmo dátanse continuas prohibicións en 1722, en 1747, en 1749 e 1799, en varias localidades españolas. 
- Estímase que en España hai máis de 200 modalidades de birlos. As diferenzas principais nas diferentes modalidades  están  no número de pezas, a colocación  e nas regras de puntuación.
- En Galicia practícanse dúas modalidades de xogo: de derribo e pasabolos. Sendo o bowling o máis popular da modalidade derribo e os birlos celtas na de pasabolos.  Néste último saliéntase  a forza e potencia do xogador.
- Este xogo ten na comarca do Val Miñor o seu pulo histórico en Galicia, concentrando nos últimos anos  o 70% dos xogadores con ficha na Federación Galega de Bolos. Nesta comarca,  no torneo máis antigo, chamado Copa Presidente, xogase dende sempre  un carneiro e un galo. O primeiro levaba o carneiro e o segundo o galo. 
- Por mor da emigración, existen equipos desta modalidade no Río da Prata, con sede nas asociación de emigrantes do Val Miñor en Bos Aires e Montevideo.
- No ano 1988 fúndase a Federación Galega de Bolos, que incorpora, no ano 1992, o xogo do bolo celta ou tradicional.

Ningún comentario:

Publicar un comentario