- Armar ou plantar: acción de colocar os birlos no lugar correspondente.
- Bolear: lanzar a bola dende o tiro coa intención de derrubar o maior número de birlos.
- Birlar: lanzar a bola por segunda vez desde o birle, sendo considerado válido o primeiro lanzamento desde o tiro.
- Birle : lugar onde se coloca o xogador para realizar a acción de birlar.
- Birlo : anaco de madeira, antes de buxo, agora doutro material (carballo, acacia, etc), por estar o buxo protexido, de forma de cono rematado en punta (“supositorio”), cunha altura entre 15 e 16 cm, e un peso entre 150 e 200 gramos. Xunto coa bóla, é outro elemento fundamental do xogo. Colócanse 18 na pedra boleira.
- Bóla: elemento fundamental do xogo, de madeira de buxo ou outro material, totalmente redonda, dunhas dimensións de 12 a 14,5 cm de diámetro e un peso entre os 1 e os 2 quilos.
- Bóla curta o cochá: bóla que lanzada dende o tiro, vai dar lonxe dos birlos, bate na pedra antes dos birlos.
- Bóla longa ou cabalo: bóla que lanzada desde o tiro bate na punta dos birlos, ou adianta os mesmos sen tocalos, e vai en dirección á raia.
- Bóla choca ou meca: bóla que lanzada dende o tiro, e unha vez bate nos birlos non pasa a a raia de birlo (liña de 10 puntos). A xogada non é válida, perdendo a posibilidade de bolear (birlar), de volver tirar.
- Branca: a bola que, lanzada dende o tiro, non realiza xogada algunha, é dicir, non derriba ningún birlo.
- Club: equipo de xogadores, sociedade de birlos.
- Derrubar: acción realizada co tiro cara ós birlos.
- Pedra ou Pedra boleira: pedra colocada a 6 m onde se colocan os birlos.
- Partida: conxunto de xogos necesarios para gañar un encontro.
- Raia: liña curva que forma un semicírculo regular en relación coa pedra. Ten un radio perpendicular á pedra de 21 metros. Xeralmente márcase cun suco ou foxo trazado no chan do campo de xogo. O birlo que pasa esta raia consegue 10 puntos.
- Terreo, boleira ou campo de xogo: espazo onde se xoga aos birlos, composto de: tiro, pedra, raia, campo de tiro, campo de birlos e birle.
- Tiro ou birle: lugar onde se coloca o xogador para lanzar.
- Tirada ou tiraxe: conxunto de lanzamentos (boladas), que tira cada equipo nun xogo.
- Tirar: lanzar a bola dende o tiro coa intención de derribar o maior número de birlos.
- Tumbar: acción realizada co tiro cara aos birlos.
Artigo relacionado (videos explicativos) - Ficha elaborada por Brinquedia

Ningún comentario:
Publicar un comentario