Este xogo, tamén chamado sardiñas en lata, debe ser realizado en zona ampla onde haxa moitos e bos lugares onde se agochar. É moi bon para ser xogado ao luscofusco. Rífase entre todos os participantes, e das resultas das sortes sae o pandote. Este ten que agocharse e mentres se agocha, todos os máis forman unha roda cos ollos cerrados, sen os abrir en ningún momento. Contan ata vinte, trinta ou a cantidade acordada, todos a unha voz. Ao remataren, espállanse na procura individual da persoa agochada. Cando alguén dá con ela non debe descubrila nin dicirllo a ninguén, senón que co maior sixilo debe agocharase canda ela. Así continúa o xogo, quen descubra alguén agóchase no mesmo lugar, no que mesmo se poden chegar a ocultar vaias persoas durante o desenvolvemento do xogo. Así se fará até que só quede unha persoa sen dar con ningún dos agochados, que será quen se agoche de primeiro no seguinte xogo.
Clasificación Xogos Populares
- Adiviñas (11)
- Arrolos (3)
- Danzas (13)
- Enredos (52)
- Equilibrio (6)
- Expresión Corporal (9)
- Habilidade (10)
- Instrumentos Musicais (9)
- Paracaídas (3)
- Refraneiro (1)
- Trabalinguas (2)
- Xogos coa buxaina (11)
- Xogos coas mans (16)
- Xogos con aros (2)
- Xogos con canción (37)
- Xogos con corda (12)
- Xogos cooperativos (5)
- Xogos de arrastrar (2)
- Xogos de auga (1)
- Xogos de bolas (9)
- Xogos de chapas ou coios (5)
- Xogos de correr (26)
- Xogos de equipo (11)
- Xogos de forza (3)
- Xogos de lanzar (30)
- Xogos de mesa (15)
- Xogos de roda (4)
- Xogos de saltar (4)
- Xogos de sortes (25)
- Xogos Diversos (11)
25 de setembro de 2023
Faime un sitio ou Sardiñas en Lata
Subscribirse a:
Publicar comentarios (Atom)
Ningún comentario:
Publicar un comentario