23 de decembro de 2025

Instrumentos musicais na tradición galega


 Clicando na seguinte ligazón, atoparás os   Instrumentos musicais na tradición galega . Clicando neles poderás ampliar a información de como é e como facer o instrumento. Estesn están clasificados polo son que producen. Aquí só facemos refencia a algúns dos que hai na web. Idiófonos: “Sistro”, albuche de cana, axóuxer, botella, campás, carrizo, castañetas, castañolas, castañola de cana, tarabela, charrasco ... Membranófonos: vinchas, bombo, bombo de mallada, vaixa, tambores en xeral, pandeireta ... Cordófonos: violín de millo, rabel, zanfona...  Aerófonos: acordeón, cantagalos, filharmónicas, folla de espadana, follas estendidas entre os dedos, fungo, fungadeira, bufagatos, rin-ran, zoadeira, zoa, rombeta ...

22 de decembro de 2025

147 Picaraxadas - Xoguetes naturais


Entrando na páxina web Noticieiro Galego, podemos atopar na etiqueta Colaboracións, 147 Picaraxadas feitas cos elementos da natureza:  bugallos, vimbias, follas, polas, canas, pallas ...  Feitas por Xosé López González e Xosé Manuel García. Ver índice dos xoguetes en PDF.

 

5 de decembro de 2025

11 de novembro de 2025

Patrimonio lúdico galego. Investigación, recursos e divulgación dos xogos tradicionais

 Publicado o libro de investigación promovido polo Observatorio do Patrimonio Lúdico Galego.  O día 11 de novembro, coincidindo coa festa da San Martiño, saíu do prelo a obra colectiva Patrimonio lúdico galego. Investigación, recursos e divulgación dos xogos tradicionais. Considerado xa un fito na historia da investigación do noso patrimonio lúdico, o libro foi escrito por un total de 42 especialistas, e está editado pola Universidade de Santiago e pola Secretaría Xeral da Lingua.  A obra recolle un total de 37 estudos e experiencias (acceso ao índice) desde os máis variados campos, agrupados en catro bloques diferentes.

Os 300 exemplares que foron impresos poden adquirirse no sitio web do Servizo de Publicacións da Universidade de Santiago. A obra coñecerá a súa versión en aberto dentro dun tempo. Están programadas xa diferentes presentacións do libro, que aspira a marcar un antes e un despois na historia lúdica de Galicia, ao longo de toda a xeografía galega. Serán anunciadas puntualmente.