18 de novembro de 2026

Os ceros

 Debúxanse ceros ou círculos máis ou menos simétricos pequenos nunha folla de papel, preferentemente cuadriculado, tantos como queiramos, todo dependerá do tempo do que se dispoña. Por quendas, cada un une dous ceros cunha liña ; cando ó trazar a liña pechas o cadrado, gañas unha casa ou cadrado e pos unha marca, pode ser a inicial do xogador que pechou o cadrado. Cando o xogo vai avanzando é máis doado pechar varios cadrados nunha mesma xogada. Para diferenzar as marcas pódense utilízar cores diferentes, por exemplo o azul e o vermello, que son os máis comúns. Gaña o que teña máis cadrados pechados coa súa inicial.

Sacado de  Xogos tradicionais de María Montaña

Ningún comentario:

Publicar un comentario