Amosando publicacións coa etiqueta Habilidade. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Habilidade. Amosar todas as publicacións

7 de setembro de 2024

19 de agosto de 2024

Rodar o aro

O aro é un xogo de habilidade, trátase de facer rodar o aro sen que perda o guiadoiro, mentres camiñas ou corres, tamén se poden facer carreiras de aros.
Materiais:  - Aro metálico. -  Guiadoiro metálico zurdo ou dereito.
Como xogar - Coller o aro e poñelo recto no chan. .- Coller coa outra man o guiadoiro e enganchalo no aro. .- Darlle un impulso ao aro co guiadoiro e soltar a man do aro. .- Manter o guiadoiro no seu sitio e ir dirixindo o aro recto e/ou cara os lados. - Intentalo unha vez e outra ata que che saia ben. Ver vídeo - Ver na Aplicación de Xogos Tradicionais



 

8 de agosto de 2024

Circuíto eléctrico

Os participantes teñen que coller O mango da variña que está metida no medio do circuíto eléctrico do xogo. O obxectivo deste enredo é pasar a argola da variña dun lado a outro do circuíto sen que toque nel. No caso de tocalo acenderíase a lámpada e perderiase a partida.

Colección Xogos do Grove.  Ver ficha - Ver vídeo