Amosando publicacións coa etiqueta Xogos con aros. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Xogos con aros. Amosar todas as publicacións

19 de agosto de 2024

Rodar o aro

O aro é un xogo de habilidade, trátase de facer rodar o aro sen que perda o guiadoiro, mentres camiñas ou corres, tamén se poden facer carreiras de aros.
Materiais:  - Aro metálico. -  Guiadoiro metálico zurdo ou dereito.
Como xogar - Coller o aro e poñelo recto no chan. .- Coller coa outra man o guiadoiro e enganchalo no aro. .- Darlle un impulso ao aro co guiadoiro e soltar a man do aro. .- Manter o guiadoiro no seu sitio e ir dirixindo o aro recto e/ou cara os lados. - Intentalo unha vez e outra ata que che saia ben. Ver vídeo - Ver na Aplicación de Xogos Tradicionais



 

21 de setembro de 2020

Pilla con aros

Dependendo do número de xogadores, varios deles pillan dándolle os aros co pé como se fora unha pelota de fútbol. Hai que insistir que non se pode levantar do chan.