Amosando publicacións coa etiqueta Xogos de lanzar. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Xogos de lanzar. Amosar todas as publicacións

5 de marzo de 2026

Capar o río

Ver vídeo. Consiste en lanzar pedras planas para que reboten sobre a superficie da auga tantas veces como sexa posible. O obxectivo é lograr o maior número de saltos ou rebotes, medindo a habilidade e precisión do lanzador. En Escocia celébrase o Campionato Mundial de Pedras, que  é unha competición internacional anual dedicada ao deporte de lanzamento de pedras na auga. Acontece na pequena illa de Easdale, localizada na costa oeste da Escocia, preto de Oban. Creado en 1983, o evento creceu dun encontro local para un campionato recoñecido mundialmente, que atrae participantes de diversos países. A competición é realizada nunha canteira de pizarra inundada con auga do mar, que proporciona unha superficie lisa e protexida, ideal para lanzar pedras. Os participantes deben usar pedras de pizarra natural provenientes de Easdale. Nunha plataforma fixa, os competidores lanzan as  súas pedras en dirección ao lado oposto da canteira, tentando realizar o máximo de rebotes posibles, pasando entre dúas marcas fluctuantes. Cada competidor ten, xeralmente, tres tentativas, e o lanzador co maior número de quiques (rebotes) con éxito determina a súa puntuación. Hai distintas categorías, incluíndo masculina, feminina, júnior e divisións locais. Os competidores máis habilidosos poden alcanzar máis de 30 rebotes en boas condicións, demostrando técnica precisa, control de rotación e ángulo de lanzamento. O evento é celebrado non só como un deporte competitivo, mais tamén como unha tradición cultural que une moradores locais e visitantes internacionais. Co seu escenario costeiro abraiante e foco singular, o campionato conquistou a reputación de ser un dos eventos deportivos máis excepcionais e habilidosos do mundo. Ver en Ríos Galegos

8 de novembro de 2025

Trompa

 "Trátase dunha variante do xogo con peóns que ten a particularidade de que se practica cun peón grande autoconstruído (a trompa). A un cilindro de madeira duns 12-14 cm de altura e de 7-8 cm de diámetro, agúzaselle unha das puntas. No extremo aguzado crávase unha tachola ou unha punta cónica, da cal debe sobresaír a cabeza. Precísase tamén unha xostra (a zorrega ou látego), construída cun pau redondo a xeito de mango, duns 15 cm de lonxitude. Nun extremo fáiselle un entalle ou rebaixe, no que se cravan cinco ou seis tiras de lona ou coiro, duns 30 cm de longo por 1 cm de ancho.Para poñer en práctica o xogo débeselle imprimir á trompa un pequeno movemento de xiro coa man para que comece a bailar e, a continuación, darlle habelenciosamente sucesivas xostradas tratando de manter un movemento de rotación e outro de translación, simultáneo.A competición consiste en tratar de acadar coa trompa unha liña prefixada. De o conseguir, o xogador/a en cuestión, gaña. De non facelo, a vez pasa ao seguinte. Debe facerse notar que o máis frecuente é que a trompa siga unha liña crebada, e que incluso trace círculos. E tamén frecuentes, claro, que a trompa deixe de bailar antes de acadar o obxectivo." Fonde de orixe: Xogos Tradicionais Galegos.   VER VIDEO . Ver máis en Brinquedia
 

19 de febreiro de 2025

Xogo da ola - No Domingo Oleiro do Entroido (As Eiroas)

Nun corro, os/as participantes van tirándose olas de barro evitando que escachen. Se algunha cae no chan, penalízase a quen a rompeu. Xógase polo Entroido no Concello do Porriño, Concello de Xinzo de Limia  ou As Eiroás. Tamén está documentado en Maceda, na Pobra do Caramiñal, Ferrol, Lugo e Allariz e mesmo na Pascua do compostelán barrio de San Pedro (Datos de Brinquedia). Ver vídeo

19 de agosto de 2024

Birlos ao canteiro

 • Pódese xogar en parellas ou en equipos.
• As partidas son a 60 puntos.
• No terreo de xogo haberá unha zona de lanzamento (fito), unha pedra para colocar los birlos (lastra) e dúas liñas, unha a 10 m e outra a 15 m da lastra.
• Para comezar, un xogador colócase no fito, tendo un pé fixo no mesmo e a bóla nunha man.
 No momento de lanzar non se pode mover o pé do fito.
• Para lanzar respéctanse as quendas acordadas.
• O obxectivo é derrubar os birlos e guindalos o máis lonxe posible.
Para puntuar, a bóla debe pasar a liña de 10 m
 • Puntúase do seguinte xeito: - 3 puntos cada birlo que non chegue á liña de 10 m - 10 puntos o birlo que quede entre a de 10 m e a de 15 m - 15 puntos o birlo que pase a liña de 15 m •
 Despois do tiro, unha vez que todos lanzaron, faise o "birle", que é un lanzamento rodando a bóla desde a liña de 10 m cara á lastra onde están os birlos.
• Os birlos que se derruben no birle valen 3 puntos cada un.
• Cando no lanzamento un xogador non pasa a bóla da liña de 10 m, o equipo perde a man, sendo o equipo contrario quen pasará a lanzar de primero na seguinte quenda.
• O lanzamento da bóla pode ser "à pedrada" (de arriba cara abaixo) ou "á rebolada" (lateralmente, en paralelo do chan, a xeito de gancho).

8 de agosto de 2024

Xogo dos mercholos

 Compiten dous xogadores que dispoñen de cadansúa argola colgada dunha corda Hai un marcador que ten cinco posicións e a partida comeza co barril no medio del. O obxectivo do xogo é que as argolas queden enganchadas nos ganchos que hai no mastro do taboleiro. Os lanzamentos, rápidos e continuados, fanse separándose do taboleiro e cada vez que a argola queda enganchada avánzase unha posición no marcador, o que supón un retroceso para o contrario. Gaña quen chega antes ao final do marcador.

Colección Xogos do GroveVer ficha - Ver vídeo

Xogo dos martelos

Dous xogadores  cun martelo de madeira cada un, compiten cunha bóla de aceiro. O obxectivo do xogo é defender o campo propio co martelo e empuxar a bóla con el cara a porteria contraria. Non se pode pasar co martelo cara o campo contrario, e gaña a partida quen chega primeiro aos cinco goles. Antes de comézar unha partida hai que botar a sortes quen inicia o xogo. Despois de cada gol inicia o lanzamento o que encaixou o gol.

Xogo das pontes con bóla

 Cada participante dispón de cinco bólas de madeira, que ten que facer rodar polo chan para que entren polos buratos da ponte. Os lanzamentos fanse dende a liña marcada no chan. A puntuación acadada é a suma dos arcos nos que entren, totalmente, as bólas. As partidas pódense xogar a unha puntuación previamente acordada ou a un número determinado de lanzamentos. 

Colección de Xogos do Grove. Ver ficha - Ver vídeo

Xogo das esquinas

Deslizanse cinco discos sobre o taboleiro, para que reboten nas gomas e queden na zona numerada. A puntuación acadada é a suma dos discos que quedan parados entre dúas raias. No caso de quedar sobre unha raia súmase a puntuación na que está a maior parte do disco. Xógase a unha puntuación previamente acordada ou a un número determinado de lanzamentos. Xógase de xeito individual, por parellas ou por equipos bólas. Colección Xogos do Grove. Ver ficha - Ver vídeo

7 de agosto de 2024

Xogo dos parrulos

 Os xogador/es teñen unha pistola de auga para poder derrubar, o antes posible, os seis parruliños de goma que hai sobre a táboa. Xógase dende a marca feita no chan, que non se pode pisar. Pódese xogar individualmente, por parellas ...
Colección Xogos do Grove. Ver Ficha  - Ver vídeo


Xogo dos guás

 Hai que facer rodar cinco bolas de madeira polo lateral esquerdo do taboleiro, na procura de que entren en calquera dos sete guás numerados. A puntuación acadada é a suma das bolas que rematan metidas nos guás. As partidas xóganse a un número determinado de lanzamentos acordado previamente. Pódese xogar de xeito individual, por parellas ou por equipos. Da colección Xogos do Grove

 Ver vídeo

6 de agosto de 2024

Lanzamento de frechas

Hai lanzar cinco frechas de madeira dende unha marca feita calquera esta non se pode pisar. O obxectivo do xogo é que as frechas rematen dentro do floreiro. A puntuación acadada é a suma das frechas que rematan dentro del. As partidas adoitan xogarse a unha puntuación previamente acordada ou a un número determinado de lanzamentos.
 Da colección Xogos do Grove  Ver vídeo

Discos fóra / Atina co Buraco

 Da colección Xogos do Grove

  Ver vídeo

5 de agosto de 2024

Bolas rápidas

Compiten dous xogadores que disposiñen de cadansúa bóla e dun martelo. Na parte de arriba do taboleiro hai once bólas metidas en buratos. Os participantes tenen que empurrar as súas bólas cara arriba co martelo para desprazar ás outras bólas, co que o xogo se volve máis dinámico. A partida remata cando todas as bólas quedan inmobilizadas nos campos. As bólas que entran nas porterías non se poden tocar. Gaña quen remata con menos bolas na súa portería. Ver vídeo

26 de setembro de 2019

O bote


O grupo ponse nunha zona determina, por exemplo nun círculo o na área dunha portería. Cóllese un bote de refresco baleiro ou unha botella de plástico ou de zume baleira e ponse nun circulo preto do grupo. Bótase a sorteo a ver quen apanda.

Ao que lle toque tense que poñer de costas ao bote. Outro neno distinto ten que dar unha patada ao bote. O que apanda ten que ir a por o bote e collelo e poñelo de novo no círculo e gritar BOTE! nese momento. Entre que vai coller o bote e vólveo a colocar no seu sitio os demais teñen que correr a esconderse. A partir de aí o que apanda terá que ir buscar ao resto do grupo. Se ve a algún deles volverá correndo ao círculo e meterá o pé dentro e gritará: BOTE, BOTE por Carlos! ou calquera que sexa o nome do xogador. E así neste caso Carlos terá que saír do seu agocho e meterse no círculo de xiz. O “cazado” aínda non o ten todo perdido porque calquera dos seus compañeiros escondidos pode vir salvarlle dándolle unha patada ao bote. Se alguén o consegue o xogador ou xogadores atrapados serán inmediatamente liberados e poderán esconderse outra vez.

O que apanda terá que descubrir a todos para que se acabe o xogo.