Amosando publicacións coa etiqueta Xogos con canción. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Xogos con canción. Amosar todas as publicacións

5 de decembro de 2025

11 de xaneiro de 2025

Xogos de man - Pin pin, zamaraca, pin

  Pin pin, zamaraca pin,
cando o rei por aquí pasou,
a todas mozas mozas convidou,
agás a unha que quedou.
Zape gache, vaite agochar,
trala porta de san Perillán,
 

27 de outubro de 2015

Fun ó Mercado



"Fun ao mercado comprar café
veu a formiguiña e picoume no pé,
eu sacudín, sacudín, sacudín;
mais a formiguiña non paraba de subir!
Fun ao mercado comprar champú
veu a formiguiña e picoume no cu,
eu sacudín, sacudín, sacudín;
mais a formiguiña non paraba de subir!
Fun ao mercado comprar azafrán
veu a formiguiña e picoume no man,
eu sacudín, sacudín, sacudín;
mais a formiguiña non paraba de subir!
Fun ao mercado comprar lentellas
veu a formiguiña e picoume nas orellas,
eu sacudín, sacudín, sacudín;
mais a formiguiña non paraba de subir!
Fun ao mercado comprar regaliz
veu a formiguiña e picoume no nariz,
eu sacudín, sacudín, sacudín;
mais a formiguiña non paraba de subir!"

Xogo -cancion dos dedos das mans

20 de outubro de 2014

Xogo de corda con canción - "Xan Perillán"




Xan Perillán
dacabalo dun can,
o can era coxo
tirouno nun pozo,
o pozo era frío
tirouno nun río,
o río era branco
tirouno nun
campo,
o campo era roxo
tirouno un toxo,
como o río picaba,
Xan Perillán
brincaba.

Xogo de corda con canción - "Unha e unha dúas"

.

Unha e unha, dúas;
quero filloas das túas.
Dúas e duas, catro;
ben postiñas no prato.
Catro e catro, oito;
dáme tamén biscoito.
Oito e oito, dezaseis;
trinta e dous pasteis
ponos nuha bandexa
e que ninguén os vexa

Xogos de corda con canción - "Pepe repepe"


Pepe Repepe camisa rachada
 foi a cociña lambela pescada,
 lambeu e lambeu
 e nunca se encheu,
 foi o canizo
e champou un chourizo. 
Pepe repepe en pictograma

Xogo de corda con canción - "Unha dole, tele, catole..."


Unha, dole,
tele, catole,
quile, quilete,
Mandou  o rei
co seu
gabinete
que Pepa
de Anxelo
co seu cadril,
cadril, cadrón,
cóntaas ben,
Que vinte son.  1, 2...

Rei, rei, cantos anos vivirei

2 de outubro de 2014

O Rap da Macedonia


Unha macedonia imos facer 
Con froitas do outono 
Que ides  ver 
 Primeiro a castaña
 Que vén dando caña
 E unha granada Ben madurada
 A pera e o pero 
Non queren faltar
 Tampouco a laranxa 
Nin a mazá 
 O dátil e o figo
 A piña e o piñón
 ¡Soa tan doce 
Que mola mogollón!
 Próbao todo 
Non perdas pancada,
 As froitas do outono 
¡Son unha gozada!

 (Adrián Villar)