Amosando publicacións coa etiqueta Xogos de mesa. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Xogos de mesa. Amosar todas as publicacións

24 de agosto de 2024

Xogo do buxo

Xogo semellante ó da  OCA, onde se tira un dado para ir avanzando e chegar á meta. Cambia o que hai que facer en cada cela. As especiais son:
Nº 6 - De buxo a buxo e tiro de novo porque son bruxo (pasaríamos á nº14). Nestas sempre se avanza, se un cae na última co debuxo do Buxo (a 24),  pasaría a META, e gañaría a partida.
Nº 8 - De Cangulongo a Cangulongo porque é un salto moi longo (pasaríamos á 15). E viceversa, se caemos na na nº 15 pasaríamos á nº 8.
Nº 10 - Ti decides, ou contas un conto de medo ou senón volves a comezar o xogo na cela nº 1. Nas demais celas hai que facer o que se pide, falar da emoción que se preste.

21 de agosto de 2024

Solitarios con bolas

Elementos do xogo: Un taboleiro coma o da figura. 32 pezas da mesma cor.
Número de xogadores: Un só xogador. Con outros o reto é ver quen consegue quedar con menos bólas.
Obxectivo : Eliminar tódalas pezas do taboleiro, agás unha que deberá quedar na casiña central.
Regras : Colócanse as 32 pezas no taboleiro deixando baleira a casiña central. As fichas elimínanse saltando por riba delas, ata deixar só unha no taboleiro. Unha variante do solitario esixe para finalizar correctamente que a última peza quede na casiña central do taboleiro. Conta a lenda que este xogo foi inventado por un aristócrata francés mentras estaba preso na Cárcere da Bastilla. Ver ficha.       Ver vídeo. Ver variantes de solitarios con bólas.

9 de agosto de 2024

Torre de Hanoi

 A Torre de Hanoi é un crebacabezas matemático. Consta de tres paus verticais e cinco discos de diferentes tamaños que poden deslizarse sobre calquera pau. O crebacabezas comeza cos discos nunha pila ordenada en orde ascendente de tamaño nun dos paus, a máis pequena na parte superior, creando así unha forma cónica. O obxectivo do crebacabezas é mover toda a pila a outra barra, obedecendo as seguintes regras simples:
- Só se pode  mover un disco á vez. - Cada movemento consiste en tomar o disco superior dunha das pilas e colocalo encima doutra pila-  Non se pode colocar ningún disco encima dun disco máis pequeno. Ver ficha - Ver vídeo.

7 de agosto de 2024

Xogo dos guás

 Hai que facer rodar cinco bolas de madeira polo lateral esquerdo do taboleiro, na procura de que entren en calquera dos sete guás numerados. A puntuación acadada é a suma das bolas que rematan metidas nos guás. As partidas xóganse a un número determinado de lanzamentos acordado previamente. Pódese xogar de xeito individual, por parellas ou por equipos. Da colección Xogos do Grove

 Ver vídeo

5 de agosto de 2024

Bolas rápidas

Compiten dous xogadores que disposiñen de cadansúa bóla e dun martelo. Na parte de arriba do taboleiro hai once bólas metidas en buratos. Os participantes tenen que empurrar as súas bólas cara arriba co martelo para desprazar ás outras bólas, co que o xogo se volve máis dinámico. A partida remata cando todas as bólas quedan inmobilizadas nos campos. As bólas que entran nas porterías non se poden tocar. Gaña quen remata con menos bolas na súa portería. Ver vídeo

28 de xullo de 2024

O Mata con tapóns

 
O tapón do medio fai de pelota e se lle da a outro tapón do equipo contrario este é comido (eliminado)

24 de abril de 2022

Ludoteca - Somos Gal

 Colección de xogos de mesa enviados para o concurso  Xoga en Galego. Entre eles: Bule na cociña - Menú - Formas - Aquí -De camiño - Marcho que teño que marchar - O Quenllo ...

24 de setembro de 2018

Xogo das 11 Torres





Xogo semellante ao coñecido como “3 en raia”, só que aquí o taboleiro non é un cadrado. Ten múltiples combinacións: xogar por parellas, trios, facendo liñas, triángulos, etc. Explica tamén  como facelo  con material  reciclado.   Entrar no "Site" para coñecelo.