Clasificación Xogos Populares
- Adiviñas (12)
- Arrolos (3)
- Danzas (15)
- Enredos (65)
- Equilibrio (6)
- Expresión Corporal (10)
- Habilidade (10)
- Instrumentos Musicais (10)
- Paracaídas (3)
- Refraneiro (1)
- Teatro (8)
- Trabalinguas (2)
- Xogos Diversos (12)
- Xogos coa buxaina (13)
- Xogos coas mans (16)
- Xogos con aros (2)
- Xogos con canción (40)
- Xogos con corda (12)
- Xogos cooperativos (5)
- Xogos de arrastrar (2)
- Xogos de auga (2)
- Xogos de bolas (9)
- Xogos de chapas ou coios (5)
- Xogos de correr (26)
- Xogos de equipo (11)
- Xogos de forza (5)
- Xogos de lanzar (33)
- Xogos de mesa (15)
- Xogos de roda (4)
- Xogos de saltar (4)
- Xogos de sortes (26)
- Xoguetes naturais (7)
4 de xaneiro de 2025
Zurriagazo
6 de decembro de 2024
8 de setembro de 2024
7 de setembro de 2024
Dísco a meta
Hai que subir o disco ó buraco máis alto ou simplemente até arriba de todo, tirando das cordas. Ver vídeo
2 de setembro de 2024
28 de agosto de 2024
Xogos Dixitais - Natureza
27 de agosto de 2024
O Aforcado
24 de agosto de 2024
Xogo do buxo
Nº 6 - De buxo a buxo e tiro de novo porque son bruxo (pasaríamos á nº14). Nestas sempre se avanza, se un cae na última co debuxo do Buxo (a 24), pasaría a META, e gañaría a partida.
Nº 8 - De Cangulongo a Cangulongo porque é un salto moi longo (pasaríamos á 15). E viceversa, se caemos na na nº 15 pasaríamos á nº 8.
Nº 10 - Ti decides, ou contas un conto de medo ou senón volves a comezar o xogo na cela nº 1. Nas demais celas hai que facer o que se pide, falar da emoción que se preste.
21 de agosto de 2024
Solitarios con bolas
Elementos do xogo: Un taboleiro coma o da figura. 32 pezas da mesma cor.
Número de xogadores: Un só xogador. Con outros o reto é ver quen consegue quedar con menos bólas.
Obxectivo : Eliminar tódalas pezas do taboleiro, agás unha que deberá quedar na casiña central.
Regras : Colócanse as 32 pezas no taboleiro deixando baleira a casiña central. As fichas elimínanse saltando por riba delas, ata deixar só unha no taboleiro. Unha variante do solitario esixe para finalizar correctamente que a última peza quede na casiña central do taboleiro. Conta a lenda que este xogo foi inventado por un aristócrata francés mentras estaba preso na Cárcere da Bastilla. Ver ficha. Ver vídeo. Ver variantes de solitarios con bólas.
19 de agosto de 2024
Birlos ao canteiro
• Pódese xogar en parellas ou en equipos.
• As partidas son a 60 puntos.
• No terreo de xogo haberá unha zona de lanzamento (fito), unha pedra para colocar los birlos (lastra) e dúas liñas, unha a 10 m e outra a 15 m da lastra.
• Para comezar, un xogador colócase no fito, tendo un pé fixo no mesmo e a bóla nunha man.
No momento de lanzar non se pode mover o pé do fito.
• Para lanzar respéctanse as quendas acordadas.
• O obxectivo é derrubar os birlos e guindalos o máis lonxe posible.
• Para puntuar, a bóla debe pasar a liña de 10 m
• Puntúase do seguinte xeito: - 3 puntos cada birlo que non chegue á liña de 10 m - 10 puntos o birlo que quede entre a de 10 m e a de 15 m - 15 puntos o birlo que pase a liña de 15 m •
Despois do tiro, unha vez que todos lanzaron, faise o "birle", que é un lanzamento rodando a bóla desde a liña de 10 m cara á lastra onde están os birlos.
• Os birlos que se derruben no birle valen 3 puntos cada un.
• Cando no lanzamento un xogador non pasa a bóla da liña de 10 m, o equipo perde a man, sendo o equipo contrario quen pasará a lanzar de primero na seguinte quenda.
• O lanzamento da bóla pode ser "à pedrada" (de arriba cara abaixo) ou "á rebolada" (lateralmente, en paralelo do chan, a xeito de gancho).
18 de agosto de 2024
28 de xullo de 2024
7 de maio de 2023
24 de setembro de 2020
Xogo da porca
En XOTRAMO tamén podes atopar os seguintes xogos: A Botella - A Malha- A Porca - A Sella - A Zoca - O Zurriagazo - Bolos ao canteiro - O Bolo - O Revirabolo
Ver tamén en Xogos de Sempre da Escola da Capela












